Novas

II PROGRAMA ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O mes de NOVEMBRO, mes no que a loita contra a Violencia de Xénero ten unha especial visibilidade.

O PROGRAMA, no que participaron 38 CENTROS e uns 11.000 ESCOLARES, estuvo integrado por dous accións, O II ENCONTRO e AS II XORNADAS subvencionadas respectivamente pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e con colaboradores de gran interese. 

II XORNADAS ESCOLARES DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dirixidas aos escolares da ESO.  Estiveron baseadas na "HISTORIA DE PEPE E PEPA” que trata como unha parella de noivos adolescentes chegan, chanzo a chanzo, á violencia de xénero. Dada as condicións excepcionais do COVID 19, a obra foi gravada por actores do TEATRO CALAVERA. Os Centros poideron visionarla e traballala dentro de cada aula-burbulla ou na casa. 
A obra foi acompañada dun POV, grabado por un grupo de Ferrolterra relacionado coa eliminación da Violencia de Xénero, e que foi  difundido nas RR. SS. no que convidaron @s escolares a que se expresen e lancen as súas mensaxes a través da música

II ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O ENCONTRO consistiu en facer unha foto do patio de cada un dos 36 Centros participantes, na que dixitalmente integrarouse unha letra, de xeito que, o conxunto das fotos dos centros participantes, formaron a frase-lema do programa: A EDUCACIÓN É A VACINA PARA ACABAR COA VIOLENCIA DE XÉNERO. As fotos foron expostas nos escaparates de establecementos comerciais da rúa Real de Ferrol. Tras a mostra, cada FOTO PASOU A SER ENTREGADA EN PROPIEDADE A CADA CENTRO. 
Ademais, os escolares crearon as súas propias frases pola igualdade e contra a Violencia de Xénero. As 5 mellores de cada centro, situáronse ao pe da foto e todas as recibidas de todos os colexios participaron nun CONCURSO.  

Ier. PROGRAMA. ANO 2019. Contou coa participación de máis de 6000 escolares.

Share by: