A II PEREGRINACIÓN ESCOLAR DO CAMIÑO INGLÉS E XACOBEO 2021, debido a extraordinaria situación do Covid 19, non pode ser presencial como a primeira edición, polo que será VIRTUAL, en forma dun divertido videoxogo, financiado por O TEU XACOBEO da Xunta de Galicia e no que colabora o CONCELLO DE FERROL e GADIS.
UN ESCAPE ROOM baseado no Camiño Inglés desde Ferrol, no que cada peregrin@ virtual deberá superar probas e conseguir contrasenais para avanzar na ruta, e no que @s participantes terán unha importante misión que cumprir con Frechi, a nosa mascota.
Un xogo no que aprender dun xeito divertido, xa que recolle interesante información relativa ao CAMIÑO INGLÉS, HISTORIA DO CAMIÑO, A CREDENCIAL, A COMPOSTELA, O AÑO SANTO, O XACOBEO…
Con TRES NIVEIS: INICIAL, MEDIO E AVANZADO, para que cada escolar poda elexir o grao de dificultade que prefira.
DATAS: 15 DE DECEMBRO 2020 ao 20 DE ABRIL 2021.
PARTICIPANTES. Escolares, entre 6 e 16 anos, dos Centros das COMARCAS DE FERROLTERRA, EUME, ORTEGAL e AS MARIÑAS. TOTAL: UNS 20.000 ESCOLARES.
DIPLOMA E PREMIOS. @S ESCOLARES QUE TERMINEN O XOGO DENTRO DO SEU NIVEL, PODERÁN OBTER A FRECHICOMPOSTELA, O DIPLOMA QUE ACREDITA A PARTICIPACIÓN NA II PEREGRINACIÓN ESCOLAR DO CAMIÑO INGLÉS E XACOBEO 2021 E TER CUMPRIDA A MISIÓN CON FRECHI.
TOD@S @S QUE COMPLETEN O XOGO E CONSIGAN O DIPLOMA , ANTES DO 20 DE ABRIL DE 2021, PARTICIPARÁN NUN SORTEO.