O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez visitou o espazo festivo situado no Porto de Ferrol e cofinanciado polo programa “O Teu Xacobeo”.

Acompañado da Presidenta da Federación de Anpas de Ferrol e Comarca, Patricia Pérez Marín, pola I Teniente de Alcalde do Concello de Ferrol, Maite Deus, o Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, José Vilariño, o Concelleiro da oposición do Grupo Popular de Ferrol, Alejandro Padilla, e outros concelleiros e representantes dos Concellos de Ferrolterra e das entidades colaboradoras, como Gadisa, Román Rodríguez percorreu o espazo festivo como o fixeron os preto de 5000 escolares da Comarca de Ferrol que desfrutaron do Festival Escolar adicado ao Camiño Inglés, a Ruta a San Andrés e ao Xacobeo 2021.

Tras ser recibidos pola mascota do Festival e do resto das iniciativas da Fanpa relacionadas co Camiño, FRECHI, e entregarlles o Gorro de Peregrino do evento e o mapa que guía aos escolares que percorren a ruta, escoitaron en directo o tema “Sigue a Frecha”, himno do Camiño Inglés, e interpretado por Javi Dovi, creador do mesmo e que xa é moi popular en toda a comarca.

A continuación, visitaron as diferentes áreas de actividade do Festival. O gran mapa con completa información das Rutas; o Arte no Camiño, onde pintores da Sociedade Artística Ferrolana crearon a súa propia obra inspirada na ruta ou no Xacobeo 2021; o photocall de peregrinos e os obradoiros, un de cunchas feitas con papiroflexia e pintadas polos nenos e nenas, e outro especializado no equipamento preciso para ter unha boa peregrinación, cortesía de Decathlon.

Antes de abandonar o espazo, degustaron a tradicional tarta de Santiago, un dos iconos gastronómicos do Camiño.

Coas mellores sensacións, remata esta I edición e case comenza a preparación dunha segunda dirixida a máis escolares da Comarca de Ferrolterra que non poideron asistir nesta ocasión, e doutras Comarcas limítrofes con fin de seguir formando na teoría e na práctica a expertos peregrinos e prescriptores dun Camiño que ten un bo presente e ao que lle espera un futuro aínda mellor.