Milleiros de escolares da comarca de Ferrolterra percorreron xa os primeiros quilómetros do Camiño Inglés desde o Porto de Ferrol.

Mentres que os máis pequenos optaron por realizar a primeira milla, ata a Capela das Angustias, os de cursos superiores chegaron ata a Capela de Caranza. Pola súa banda, os maiores superaron os 10 quilómetros de percorrido, ata acadar o Mosteiro de San Martiño de O Couto, en Xuvia (Narón).

Moitos deles contaron co inmellorable acompañamento da Policía Local e Protección Civil de Ferrol que se encargaron de facilitarlles o paso e darlles a seguridade precisa durante todo o percorrido. Os que chegaron a Narón, igualmente, contaron co apoio de Protección Civil desta localidade.

Día a día, e sempre que a climatoloxía o permite, deceas ou centenas de nenos e nenas viven como peregrinos a experiencia do Camio e, deste xeito, se convirten nos mellores prescriptores do mesmo. Unha experiencia e un coñecemento que xamáis van olvidar.