Aproveitando a melloría do tempo, os días 3 e 4 de decembro reanudáronse as peregrinacións escolares de Ferrolterra.

Esta vez foron os alumnos e alumnas dos Centros de Esteiro de Ferrol, do Colexio Loyola de Mugardos e do Ramo de Fene, os que vivieron a experiencia de percorrer o Camiño Inglés desde Ferrol.

En total, uns 400 escolares iniciaron a súa andadura no Porto de Ferrol e que, dependendo das idades, camiñaron ata a Capela das Angustias, ata á de Caranza ou chegaron a percorrer os 10 quilómetros que separan o punto de partida e o Mosteiro de San Martiño de O Couto (Xuvia, Narón).

Noraboa a todos e todas!!!