A DESIGUALDADE DE XÉNERO A TRAVÉS DA MÚSICA

OS ANOS PASAN PERO A DESIGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES SIGUE A ESTAR DOLOROSAMENTE VIXENTE, SÓ HAI QUE VER OU LER AS NOTICIAS OU MIRAR AO NOSO LADO PARA DARNOS CONTA.
PENSANDO NO XEITO MÁIS ATRACTIVO E DIRECTO, PERO DELICADO, DE FALAR SOBRE A DESIGUALDADE DE XÉNERO NAS AULAS, OPTAMOS PARA FACELO MEDIANTE A MÚSICA: COA LETRA DAS CANCIÓNS.
O ESTÍMULO MUSICAL E ARTÍSTICO, O ELEMENTO LÚDICO E ENTRETIDO É UNHA PLATAFORMA PERFECTA PARA INTRODUCIR E LOGO PROFUNDAR CON SERIEDADE NA PROBLEMÁTICA DA DESIGUALDADE, CREANDO UN ESPAZO AMENO E PROPICIO PARA A REFLEXIÓN.
MEDIANTE AS CANCIÓNS E AS ACTIVIDADES CON ELAS RELACIONADAS, XURDIRÁ A DISCUSIÓN, A FORMULACIÓN DE PREGUNTAS, A REFLEXIÓN E AS CONCLUSIÓNS.
PARA ELO, UN PROFESIONAL ESPECIALIZADO E CAPACITADO DIRIXIU CADA SESIÓN POR GRUPOS DE IDADE, SELECCIONOU AS CANCIÓNS, DEU LECTURA A DOCUMENTOS QUE LLE PERMITIRON DAR EXEMPLOS CONCRETOS, EXPLICAR CON PALABRAS SINXELAS, FACER PREGUNTAS E ASÍ, AVANZAR NA REFLEXIÓN, ATA ESPERTAR O
ESPÍRITO OU PENSAMENTO CRÍTICO NOS ESCOLARES.
ESTA INICIATIVA REFORZOU ENTRE O CORPO DOCENTE, OS ESCOLARES E AS FAMILIAS A REFLEXIÓN E A APERTURA DE NOVAS MIRADAS E DESCUBRIR QUE HAI OUTRO XEITO DE SER E DE VIVIR:
EN IGUALDADE.

OBXECTIVOS
FACER EXPLÍCITOS PARA OS/AS ESCOLARES OS SEUS PROPIOS VALORES E PRINCIPIOS RESPECTO DA DESIGUALDADE DE XÉNERO, PARA QUE OS EXAMINEN CONSCIENTEMENTE.
CONCIENCIAR AOS/ÁS ESCOLARES DE QUE A DESIGUALDADE E A VIOLENCIA DE XÉNERO É UN PROBLEMA UNIVERSAL QUE MERECE A ATENCIÓN DE TODOS, DE MODO QUE SURXA A SÚA PROPIA OPINIÓN AO RESPECTO, PORQUE EXISTE ESTE PROBLEMA E QUE SE PODERÍA FACER PARA RESOLVELO.

SEGMENTOS DE IDADE
1° e 2° DE PRIMARIA
3° e 4° DE PRIMARIA
5° e 6° DE PRIMARIA
ESO

FORMATO E CONTIDOS PROPOSTOS
TRATAROUSE DUNHA ACTIVIDADE DIVIDA EN VARIAS SESIÓNS.
NA PRIMEIRA SESIÓN TRATÁRONSE OS ESTEREOTIPOS CULTURAIS E OS SEUS ROLES, DEMARCADOS POLO SISTEMA SEXO-XÉNERO, MENTRES QUE NAS SESIÓNS RESTANTES TRATÁRONSE EN PROFUNDIDADE E, A TRAVÉS SA MÚSICA, A DESIGUALDADE E A VIOLENCIA DE XÉNERO.
PRIMEIRA SESIÓN
A ACTIVIDADE COMENZOU ESCRIBINDO A ORACIÓN «OS HOMES E AS MULLERES SON DIFERENTES».
DESTE XEITO, ROMPEUSE O XEO E ABRIOUSE UN PEQUENO DEBATE PREVIO NO QUE TODOS OS/AS ESCOLARES EXPRESARÁN, BREVEMENTE, A SÚA OPINIÓN.
LOGO RECIBIRON UN DOCUMENTO CUNHA SERIE DE PALABRAS E AS IMAXES DAS SILUETAS DUN HOME E DUNHA MULLER.
OS/AS ESCOLARES CLASIFICARON AS PALABRAS EN CARACTERÍSTICAS OU ACCIÓNS «FEMININAS» OU «MASCULINAS», ESCRIBÍNDOAS DENTRO DAS SILUETAS, DE ACORDO COA SÚA OPINIÓN PERSOAL.
SEGUIDAMENTE, AS RESPOSTAS FORON POSTAS EN COMÚN, PREGUNTANDO E ANOTANDO CANTAS PALABRAS PUXERON EN AMBAS SILUETAS (É DICIR, QUE SON IGUAIS PARA HOMES E MULLERES), CANTAS CLASIFICARON SÓ COMO FEMININAS, E CANTAS SÓ COMO MASCULINAS.
NA FRASE ESCRITA ENGADÍRONSE OS SIGNOS DE INTERROGACIÓN E PREGUNTARANLLES: «AS MULLERES E OS HOMES SON (REALMENTE) DIFERENTES?».
ISTO LEVOU A OUTRA PEQUENA DISCUSIÓN, QUE SE ENCAUZOU CARA A UN «COMO SOMOS?», INTRODUCINDO AS PALABRAS «ESTEREOTIPO» E «REALIDADE».
SEGUNDA SESIÓN
A CONTINUACIÓN, A MÚSICA FOI A PROTAGONISTA.
PRIMEIRO ESCOITARON UNHA CANCIÓN COIDADOSAMENTE SELECIONADA POR SEGMENTO DE IDADE E QUE EVOCOU Á DESIGUADADE DE XÉNERO, PARA UNHA PRIMEIRA AUDICIÓN, SEN DARLLES A LETRA.
AO TERMINAR ESTA PRIMEIRA AUDICIÓN, COMPROBOUSE QUE ENTENDERON DA CANCIÓN.
PARA A SEGUNDA AUDICIÓN, TIVERON A LETRA.
LOGO DE ACLARAR OS TERMOS QUE NON ENTENDÍAN, VOLVERON A ESCOITAR A CANCIÓN UNHA VEZ MÁIS.
ENTÓN FOI A QUENDA DE FACER UN DEBATE A PARTIR DA CANCIÓN, DEIXANDO TEMPO AOS/ÁS ESCOLARES PARA EXPRESARSE E COMENTAR OS SEUS PUNTOS DE VISTA.
TERCEIRA SESIÓN
CONSISTIOU EN ESCOITAR UNHA NOVA CANCIÓN POPULAR.
FOI POSIBLE VER COMO FORONS CAPACES DE ANALIZAR O CONTIDO E O SEU SIGNIFICADE, CUN INTERESE MÁIS CRÍTICO.
POSTERIORMENTE RECIBIRON A LETRA, QUE VALEU PARA REFORZAR A REFLEXIÓN.
PARA REMATAR, NO CASO DOS ESCOLARES MAIORES, E PARA QUE SE DIRAN CONTA DA MAGNITUDE DO PROBLEMA, PRESENTÁRONSE ESTATÍSTICAS SOBRE A DESIGUALDADE E A VIOLENCIA DE XÉNERO E A SÚA EVOLUCIÓN EN ESPAÑA, EN NÚMERO DE CASOS, MORTES, SENTENZAS E POLÍTICAS SOCIAIS DE APOIO.

CONCLUSIÓNS E FIN DA ACTIVIDADE.
FINALMENTE, E TRAS VER AS DIFERENTES DIMENSIÓNS, FOI O MOMENTO DE PREGUNTAR AOS ALUMNOS/AS QUE SE PODE FACER RESPECTO DISO PARA SOLUCIONAR ESTA SITUACIÓN DE DISCRIMINACIÓN QUE LEVA ATA A VIOLENCIA.
CADA ESCOLAR RECIBEU, ADEMAIS, UN FOLLETO (DÍPTICO) CON CONTIDOS DE INTERESE PARA A FAMILIA e UNHAS LENTES VIOLETAS (símbolo do pensamento crítico).

OPCIÓNS DE TRABALLOS POSTERIORES NAS AULAS
LOCALIZACIÓN E ANÁLISES DUNHA CANCIÓN EN POSITIVO, QUE ENXALCE A IGUALDADE E/Ou SE EXPRESE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
ELECCIÓN DUNHA DAS CANCIÓNS ESCOITADAS E CAMBIAR A súa LETRA, CREANDO UNHA NOVA LETRA QUE PROMUEVA A IGUALDADE E ENXALCE A LOITA CONTRA A VIOLENCIA.

PARTICIPACIÓN DOUTRAS ENTIDADES
ASOCIACIÓN CLARA CAMPOAMOR.
ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. ALVIXE.
ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA Os MALOS TRATOS. ALMAT.
ACCIÓN FAMILIAR. AFA
ONG OBLATAS.
FUNDACIÓN MULLERES

MATERIAL DE AVALIACIÓN
Para evaluar e coñecer a valoración da Xornada, fíxose una sondaxe entre os escolares e entre os docentes.