Nas derradeiras semanas estamos a desenvolver unha actividade frenética. Mantemos contactos con todo tipo de institucións locais, comarcais e autonómicas; con empresas patrocinadoras e con colaboradores. Temos un calendario que cumprir para poñer en marcha todos os nosos proxectos. Aos tres principais: xornadas, peregrinación e festival, pronto se incorporarán outros centrados na violencia de xénero. Gústanos pensar que Concepción Arenal estaría satisfeita co noso traballo. Seguimos!