DO 30 DE SEPTEMBRO AO 6 DE OUTUBRO DE 2019

PROXECTO COFINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA “O TEU XACOBEO”

Estas I Xornadas invitaron aos escolares ao coñecemento, a participación e ao desenvolvemento artístico e creativo.

A súa celebración converteu aos escolares escolarizados da comarca en verdadeiros coñecedores e prescriptores do Camiño Inglés desde Ferrol e nos mellores anfitrións do Xacobeo 2021.

PARTICIPANTES

PARTICIPARON UNS 6000 ESCOLARES DUNHA TREINTENA DE COLEXIOS DA COMARCA DE FERROLTERRA, TANTO PÚBLICOS COMO CONCERTADOS. IDADES: ENTRE 3 E 16 ANOS.

CONTIDOS

UNIDADE FORMATIVA

A organización entregou aos Centros participantes unha Unidade Formativa para os escolares con contidos teóricos e prácticos adaptados aos diferentes segmentos de idade. Así como unha Unidade para o/a mestre.

CHARLAS OU CONFERENCIAS EDUCATIVAS

Nunha clase de 50 minutos os mestres traballaron cos escolares as Unidades Formativas entregadas, lles facilitaron máis información e asentaron os coñecementos.

FOROS DE REFLEXIÓN Y ENCUENTRO

A organización, coa Directiva e a ANPA de cada Centro localizaron alumnos/as, nais ou pais que viviran a experiencia de percorrer o Camiño de Santiago, especialmente, o Camiño Inglés, así como o desfrute ou a participación nun Xacobeo. Este grupo participou nun FORO no que compartiron a súa experiencia cos escolares, intercambiaron opinións, debatiron sobre o valor do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e os escolares fixeron preguntas, entrevistas, etc.

TRABALLOS E ACTIVIDADES

Nas Unidades Formativas dos mestres, a organización facilitoulles ideas para facer traballos de diferentes tipos, relacionados ou inspirados no Camiño, o Xacobeo 2021, as peregrinacións, etc.

CONCURSO ARTÍSTICO (ARTES PLÁSTICAS E NOVAS TECNOLOXÍAS)

Os/as escolares participantes están a facer un traballo que teña ao Camiño de Santiago e a celebración do vindeiro Xacobeo 2021 como fonte de inspiración.

Disciplinas: ARTES PLÁSTICAS ou deseños que empreguen as NOVAS TECNOLOXÍAS (DIXITAL E MULTIMEDIA).

OBXECTIVO

Esta actividade procura fomentar o talento entre as novas xeracións.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

Cada Centro elexirá UN MÁXIMO DE TRES TRABALLOS OU OBRAS que lles represente.

Todos eles serán EXPOSTOS DURANTE UNS MESES nun espazo que, preferentemente, ta un significado especial para o Camiño.

JURADO E PREMIOS

A Junta Directiva da FANPA e un grupo de cinco expertos farán a labor de Xurado, determinando as obras gañadoras (Primeiro, Segundo e Terceiro Premio) que recibirán un Diploma e un Premio Simbólico.