14 de outubro 2019 ao 31 de xaneiro 2020

PROXECTO COFINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA “O TEU XACOBEO”

A I PEREGRINACIÓN CONSISTE EN PERCORRER UN TRAMO DO CAMIÑO INGLÉS A SANTIAGO DESDE O SEU PUNTO DE PARTIDA, O PORTO DE FERROL (PEIRAIO DE CURUXEIRAS).

Porque descubrir e percorrer como PEREGRINOS o Camiño Inglés a Santiago fará que os escolares da Comarca se convirtan nos mellores VENDEDORES e “RECOMENDADORES” da experiencia, e inviten ao seu contorno a percorrer e descubrir o Camiño e a desfrutar dun acontecimento único como é a vindeira celebración do Xacobeo 2021.

O Espíritu do peregrino é un sentimento asociado ás sensacións que se suceden ao longo da peregrinación, ao interactuar con outros peregrinos/as, ao feito de sentir a calurosa acollida dos habitantes locais e compartir as experiencias, as longas horas en soedade, sufrir e superar vicisitudes, as variacións climáticas, etc.

Na actualidade, as personas que deciden facer o Camiño de Santiago poden sentirse motivadas por inquietudes culturais, por descubrir a súa diversidade e beleza paisaxística, polo simple feito de vivir a aventura, por visitar a tumba do Apóstolo Santiago, relixiosas, como reto persoal, para poñerse en forma, reflexionar e atoparse con un mesmo, interactuar con outros peregrinos/as, por turismo. Éstas son soamente algunhas razóns para vivir a experiencia do Camiño.

OPCIÓNS DE PERCORRIDOS

A. PRIMEIRA MILLA: PORTO DE FERROL-CAPELA DAS ANGUSTIAS (APRX. 1 QUILÓMETRO)

B. PORTO DE FERROL-CAPELA DAS ANGUSTIAS-CAPELA DE CARANZA (5 QUILÓMETROS.)

C. PORTO DE FERROL-CAPELA DAS ANGUSTIAS-CAPELA DE CARANZA-MOSTERIO DE SAN MARTIÑO DE XUVIA, O COUTO, NARÓN (10 QUILÓMETROS)

CONTIDOS

INTERCAMBIO DE SENSACIÓNS e EXPERIENCIAS

Durante o percorrido os/as escolares teñen a oportunidade de atopar e compartir quilómetros e tempo con outros peregrinos/as de distintas idades, lugares, motivacións… cos que poderán intercambiar sensacións e experiencias, aos que poderán entrevistar e cuxos relatos servirán para enriquecer o “DIARIO DEL PEREGRINO”, diario que escribirá cada participante como traballo narrativo e artístico final, no que recollerán e compartirán a súa vivencia e co que podrán optar a diferentes premios.

Para enriquecer aínda máis este intercambio, se fomentará que os escolares achéguense ata algún punto ou puntos do Camiño en outro momento ou visiten un albergue para facer outras entrevistas e coñecer a máis peregrinos/as, cos que intercambiar opinión e compartir máis experiencias.

CONCURSO NARRATIVO-ARTÍSTICO: “DIARIO DO PEREGRINO”

O DIARIO

Ao final do percorrido, cada escolar poderá realizar un traballo narrativo-artístico baseado nas experiencias vividas, as paisaxes, monumentos, as sensacións, os encontros con outros peregrinos…… a modo dun “DIARIO DE VIAXEIRO”.

CONTIDO NARRATIVO e ARTÍSTICO

Este Diario poderá ser soamente narrativo mais se valorará moy especialmente que incorpore un traballo ARTÍSTICO ADICIONAL a modo de ILUSTRACIÓNS ou outras TÉCNICAS DE DEBUXO, así como FOTOGRAFÍAS CREATIVAS.

MARATÓNS DE LECTURA

Cada Centro elexirá un DIARIO, para que o represente no Concurso. Os Diarios participarán no que chamaremos MARATÓNS DE LECTURA onde serán presentados e lidos por voluntarios da poboación local e terán lugar na localidade do Centro ou Centros dos que procedan os/as autores/as.

ENTREGA DE PREMIOS-ASISTENTES ESPECIAIS

Os MELLORES DIARIOS serán PREMIADOS nun ACTO MOI ESPECIAL.

Un acto que se celebrará na localidade na que estea o Centro do escolar GAÑADOR, e que contará cun ou varios/as ESCRITORES/AS e/ou BLOGUEIROS/AS DA VIAXES, PREFERENTEMENTE GALEGOS/AS, E DE ESPECIAL RENOME e CUNHA IMPORTANTE TRAXECTORIA NACIONAL E INTERNACIONAL.

A primeira milla do Camiño Inglés desde Ferrol

O Camiño Inglés pola Comarca de Ferrolterra