17 E 18 DE OUTUBRO DE 2019.

DE 10 A 14 E DE 17 A 20 HRS.

PROXECTO COFINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA “O TEU XACOBEO”

O Festival foi un evento multiactividade, artístico, temático e anual, con carácter de continuidade, e no que os protagonistas foron o Camiño Inglés, a ruta a San Andrés de Teixido e o Xacobeo 2021

Ademáis, o Festival foi un motivo único para descubrir Ferrolterra, un área do xeodestino turístico rías altas de galicia-costa ártabra (zona de especial proteción dos valores naturais. ZEPVN), para coñecer o seu rico patrimonio cultural e natural e impulsar un Camiño que é un foco de atración turística de crecente intensidade.

PARTICIPANTES

Participaron uns 5000 escolares da comarca de Ferrolterra, de Colexios tanto públicos como concertados e con idades comprendidas entre os 3 e 16 anos.

CONTIDOS

UN ESPAZO FESTIVO

O punto de partida do Camiño Inglés a Santiago e da Ruta a San Andrés (Peirao de Curuxeiras de Ferrol) acolleu unha instalación especial e accesible, que sirveu como punto de referencia e foco central das actividades do Festival.

OBRADOIRO DE “CUNCHAS DE PEREGRINOS”.

Dirixido por profesionais, os nenos/as fixeron mediante papiroflexia e pintaron a súa propia cuncha de peregrino, que levaron como recordo da súa participación.

OBRADOIRO DE “EQUIPAMIENTO DE PEREGRINOS”.

Os escolares coñeceron e aprenderon como equiparse se van percorreo o Camiño.

PHOTOCALL DE “PEREGRINOS”.

O espazo contou cunha serie de figuras de peregrinos ataviados e de diferentes alturas. Os escolares e/ou participantes poideron situar o seu rostro e fixeron multitude de fotos.

ACTIVIDADE-DEMOSTRACIÓN.

Artistas pictóricos e/ou escultóricos, consolidados, de renome ou talentos emerxentes, crearon en vivo e en directo unha obra baseada en aspectos relacionados co Camiño e/ou o Xacobeo.

FORO DE INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS.

Desde o espazo festivo fixéronse conexións con emisoras de radio. Ademáis, os escolares dos Centros que contan coa súa propia emisora aproveitaron para grabar, facer entrevistas, etc.

DESGUSTACIÓNS XACOBEAS.

Os/as escolares e os asistentes degustaron a famosa Torta de Santiago, un dos grandes símbolos gastronómicos do Camiño.

AO LONGO DO CAMIÑO

A primeira milla do Camiño albergou a pintores locais e da comarca que realizaron as súas obras e creacións artísticas en vivo inspiradas creativamente no Camiño.

PEREGRINOS do CAMINO INGLÉS A SANTIAGO

Os/as escolares da comarca visitaron o espazo festivo e, a continuación, algúns optaron por percorrer un tramo do Camiño Inglés e a Ruta a San Andrés.

Foi unha peregrinación inclusiva, na que participaron escolares con necesidades especiais que compartiron a experiencia cos seus compañeiros/as.

RUTA MARÍTIMA DO CAMINO INGLÉS. O Camiño Inglés desde o MAR

Os máis pequenos (3-6 anos) percorreron en barco o camiño e a ruta, un percorrido que tivo ao mar e á ría natural de Ferrol como compañeira e protagonista.

PANEL DE EXPRESIÓNS E ACCIÓN POST-FESTIVAL

Ao final da primeira milla, no contorno da Capela das Angustias, situose un gran panel no que cada un dos peregrinos/as escolares expresaron a súa experiencia dun xeito artístico (pequeno debuxo) ou a través dunha palabra ou dunha frase. Se potenció, moi especialmente, o emprego de idiomas extranxeiros xa que este panel está exposto na Oficina de Turismo de Ferrol, situada no inicio do Camiño durante uns meses para ser contemplado polos peregrinos que inicien o Camiño e/ou a Ruta e por cantas persoas se acheguen á mesma.