INICIATIVA COFINANCIADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, DE FORTE SIMBOLISMO E COMÚN AOS CENTROS PARTICIPANTES DA COMARCA.

CONTIDOS

O CENTRO CONTOU CUN MURO DE CELOSÍA PERSOALIZADO E NO QUE UNOS 6000 ESCOLARES ATARON UNS LAZOS VIOLETAS.

CADA ESCOLAR RECIBEU UN LAZO DA COR DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, NO QUE ESCRIBEU A SÚA MENSAXE OU DESEXO PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E NENAS E QUE COLOCOU NO MURO DO SEU CENTRO.

ADEMÁIS, A CELEBRACIÓN DESTE ENCONTRO FOI DIFUNDIDA NO COLEXIO MEDIANTE UN SOPORTE OU ELEMENTO DE IMAXE SITUADO NUN LUGAR VISIBLE.

POR ÚLTIMO, O 25 DE NOVEMBRO INAUGUROUSE A PRIMEIRA EXPOSICIÓN INTEGRADA POLOS MUROS COS LAZOS DA VEINTENA DE COLEXIOS PARTICIPANTES, NA SEDE DE AFUNDACIÓN DE FERROL, AÍNDA QUE CADA ANO TERÁ LUGAR NUN DOS 11 CONCELLOS DA COMARCA.

NO ACTO INAUGURAL, OS CENTROS PARTICIPANTES RECIBERON O SEU CORRESPONDENTE DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN.