Mais de 6000 escolares dunha veintena de colexios da comarca de Ferrolterra participaron na inciativa.

Unha iniciativa integrada por dúas accións diferentes. Unha simbólica, subvencionada pola Deputación da Coruña, e outra formativa, financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

A primeira, denominada o I Encontro escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero, consistiu na colocación duns lazos violetas nun muro colocado en cada centro. Os lazos levaban escrito unha mensaxe contra a violencia, o que significou que uns 6000 escolares reflexionaran durante un momento sobre unha situación moi grave e que afecta a toda a sociedade.

6000 momentos de reflexión que foron expostos, abertos ao público, na sede de Afundación de Ferrol.

A segunda acción, as I Xornadas especializadas, consistiron nun traballo nas aulas, a través dunhas unidades formativas. Cada escolar recibeu unha delas, adaptadas por segmento de idade e que traballaron nunha clase habitual de 50 minutos.

Xunto coas unidades, contaron cun vídeo de presentación que sirveu para dar inicio á xornada.

Por último, na inauguración da exposición do Encontro, que contou coa participación da Diputada da Igualdade, María Muiño e a Secretaria Territorial da Delegación da Xunta de Galicia, Patricia Rodríguez, tivo lugar a lectura do Manifesto por parte dunha representación dos escolares dos centros participantes, e a entrega do diploma de participación a cada un dos Centros que correu a cargo das autoridades e dos representantes das Asociacións colaboradoras, Fundación Mulleres, Asociación Clara Campoamor, Alvixe, Almat, Afal e Oblatas.