Un dos nosos obxectivos é incorporar á Federación a todas as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/ as de centros de ensino  pertencentes á nosa comarca de Ferrolterra. Canto maior sexa a nosa masa social, maior facilidade teremos para defender os nosos dereitos e apoiar as nosas propostas. Na nosa páxina figura un cupón de adhesión; se pertences a algunha Anpa, expón nas vosas reunións a posibilidade de asociarse e traballemos xuntos.