A MÚSICA DESDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO

É unha actividade de sensibilización, identificación e prevención da desigualdade da muller e a violencia de xénero dirixida aos escolares do Colexio Cristo Rei de Ferrol por franxas de idade, e organizada pola asociación de nais e pais de alumnos/as.
Unha acción orientada á deteción precoz e a educación pola igualdade como primeiro paso para detectar e eliminar as desigualdades entre mulleres e homes, así como previr e loitar por erradicar a violencia que se exerce contra as mesmas, concienciando ao alumnado, á comunidade educativa e ás familias sobre os estereotipos de xénero existentes.

PREVIO
A música é un das canles de transmisión máis influintes na nosa cultura. Pero ademais, a música é unha fonte de culturización dentro dunha sociedade.
Polo tanto, non pode illarse á música do debate sobre a desigualdade e a violencia contra as mulleres.
A música é un reflexo da sociedade, e tamén inflúe nela. Algunhas cancións nútrense de machismo e onde a expresión máis grave é a violencia.
Só se poderá poñer distancia, si ten espírito crítico.
En definitiva, a música converteuse nunha mercancía que consumen continuamente. Moitos non poden vivir sen ela, porque forma parte do seu lecer. Por elo, como elemento tan importante, as mensaxes que adquiren a través desta canle calan moito máis entre eles.
Como abordar o asunto?
O ÚNICO XEITO DE ATALLAR AS DESIGUALDADES É MEDIANTE A EDUCACIÓN.
Non se poden prohibir. Pero o que si que se pode é transmitir uns valores para que sepan que o que escoitan condiciónalles e así poidan actuar en consecuencia.

OBXECTIVO XERAL: XERAR UNHA VISIÓN CRÍTICA ENTRE OS ALUMNOS/AS QUE PARA QUE SUSCITEN A LINGUAXE MACHISTA DAS CANCIÓNS.

OBRADOIRO MUSICAL
Os obradoiros creativos fomentan a autoestima, o traballo en equipo e a implicación persoal das alumnos/as.
Este tipo de actividades permítenlles tomar conciencia e implicarse no cambio das mentalidades e actitudes.
Apostamos polo desenvolvemento da creatividade propositiva e o traballo en equipo, como ferramentas para o maior aproveitamento da intervención educativa en torno á loita pola desigualdade e pola prevención da violencia de xénero a través da música.
O obxectivo deste taller será converter ao alumnado en receptor activo das mensaxes que reciben a través da devandita canle.
Por unha banda, aprenderán a diferenciar o contido das letras que transmiten mensaxes que fomentan a desigualdade, das que transmiten a convivencia e o respecto.

Obxectivos pedagógicos
Analizar e tomar consciencia da falta de neutralidade nalgunhas cancións.
Dar recursos críticos ao alumnado para detectar contidos sexistas e violentos na música.
Fomentar unhas relacións afectivas máis igualitaria e menos violenta.
Desmontar estereotipos de xénero que determinen a idea feminina do “amor romántico” e perdurable.
Fomentar unhas relacións de amor non baseadas na submisión dun sexo cara ao outro.

Desenvolvemento da actividade
A práctica consistiou en que os alumnos/as cantaran e bailaran dúas cancións cuidadosamente elixidas animadas por un grupo de baile local e adaptadas a cada segmento de idade. Nestas dúas ocasións os escolares contaron coa letra de cada unha delas.
Unha letra que posteriormente foi analizada CONXUNTAMENTE BAIXO A DIRECIÓN DUN PROFESIONAL ESPECIALISTA EN MUSICOLOXÍA E FEMINISMO, que conduciu un debate activo e aproveitou para transmitir unha serie de coñecementos fundamentais sobre a detección da desigualdade e a violencia de xénero.
A continuación, o grupo interpretou outra canción cuxa letra non foi entregada aos escolares e deste xeito, comprobarase si eran capaces de identificar as mensaxes sexistas que transmiten.
Finalizada unha primeira reflexión común, entregaróuselles a letra para que poideran comprobar si eran capaces de activar correctamente o seu espírito crítico.
Para finalizar, cada escolar participante recibeu un FOLLETO EDUCATIVO relacionado coa actividade e que sirveu de reforzo dos coñecementos adquiridos que levou a casa e compartiou coa súa familia.
Este orzamento sirveu tamén de punto de partida para que no aula tivera lugar algunha actividade de continuación impartida polos docentes de cada Centro.
Para iso, facilitouse UN DOCUMENTO CUNHA SERIE DE PROPOSTAS POR CADA SEGMENTO DE IDADE.

PARTICIPACIÓN DOUTRAS ENTIDADES
ASOCIACIÓN CLARA CAMPOAMOR.
ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. ALVIXE.
ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA OS MALOS TRATOS. ALMAT.
ACCIÓN FAMILIAR. AFA
ONX OBLATAS.
FUNDACIÓN MULLERES

ENQUISA DE AVALIACIÓN E MEMORIA DA XORNADA
Ao finalizar a xornada foi distribuido unha enquisa entre os docentes e os escolares da ESO para que a cumprimentaran. Analizáronse os datos obtidos. Ademais, redactouse unha Memoria final da acción.