Os máis de 30 centros participantes da Comarca, celebran as I Xornadas formativas baseadas no Camiño de Santiago, a súa historia, a orixe das peregrinacións, os diferentes Camiños, o Camiño Inglés e moitos máis contidos que van converter en expertos coñecedores dunha das xoias patrimoniais e culturais do mundo.

Como peche das mesmas, os escolares dos centros que o desexen, deseñarán unha obra artística inspirada no Camiño ou no Xacobeo 2021. Cada colexio elexirá unha para que o represente, e todas elas serán expostas en Afundación de Ferrol durante un tempo. As tres mellores recibirán un agasallo moi especial.