Fins:

  1. Propugnar a igualdade de oportunidades e a defensa do ensino gratuito.

  2. Defender a calidade de ensino de acordo co Proxecto Educativo de cada Centro.

  3. Promover e defender o dereito das nais e pais a que os seus fillos/as reciban a información moral e relixiosa de acordo coas súas propias conviccións.

  4. Defender os dereitos das familias, como responsables da educación dos seus fillos/as.

  5. Defender, promover, desenvolver e cumprir o contido dos artigos 26 e 27 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

  6. Coordinar as accións precisas e nomear, no seu caso, as representacións que procedan ante as Institucións e Organismos de todo tipo, en canto afecte á instrución e educación dos fillos/as e á súa formación integral, científica, moral, social e relixiosa, no respecto ás liberdades individuais e á súa promoción persoal.

  7. Excluír das súas accións todo matiz político partidista e, consecuentemente, defender á institución escolar de toda politización.

  8. Defender, comprometerse, promover e fomentar os valores de SOSTENIBILIDADE, IGUALDADE e INCLUSIÓN, tanto no seu propio labor como en todas as accións que leve a cabo, xa sexan específicas ou xenéricas.

 

 

Para a consecución destes fins, a Federación emprega todos os medios para levar a cabo as accións permitidas polas leis que estean ao seu alcance.

 

Asociados

Asociados

Poden formar parte da Federación todas as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Centros de Ensino pertencentes á Comarca de Ferrolterra.

Únete