DO 30 DE SEPTEMBRO AO 6 DE OUTUBRO DE 2019

PROXECTO COFINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA “O TEU XACOBEO”

Estas I Xornadas invitaron aos escolares ao coñecemento, a participación e ao desenvolvemento artístico e creativo.

A súa celebración converteu aos nenos/as en verdadeiros coñecedores e prescriptores do Camiño Inglés desde Ferrol e nos mellores anfitrións do acobeo 2021.

PARTICIPANTES

PARTICIPARON UNS 6000 ESCOLARES DUNHA TREINTENA DE COLEXOS DA COMARCA DE FERROLTERRA, TANTO PÚBLICOS COMO CONCERTADOS. IADES: ENTRE 3 E 16 ANOS.

CONTIDOS

FORMATIVA

A organización entregou aos Centros participantes unha Unidade Formativa con contidos teóricos e prácticos que estaban adaptados aos diferentes segmentos de idade dos escolares.

CHARLAS OU CONFERENCIAS EDUCATIVAS

Nunha clase de 50 minutos, os mestres traballaron cos escolares as Unidades Formativas entregadas, lles facilitaron máis información e asentaron os coñecementos.

FOROS DE REFLEXIÓN E ENCONTRO

A organización, coa Directiva e a ANPA de cada Centro localizaron alumnos/as, nais ou pais que viviran a experiencia de percorrer o Camiño de Santiago, especialmente, o Camiño Inglés, así como o desfrute ou a participación nun Xacobeo. Este grupo participou nun FORO no que compartiron a súa experiencia cos escolares, intercambiaron opinións, debatiron sobre o valor do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e no que os escolares fixeron preguntas, entrevistas, etc.

TRABALLOS E ACTIVIDADES

As Unidades Formativas dos profesores, a organización facilitoulles ideas para facer traballos de diferentes tipos, relacionados ou inspirados no Camiño, o Xacobeo 2021, as peregrinacións, etc.

CONCURSO ARTÍSTICO (ARTES PLÁSTICAS E NOVAS TECNOLOXÍAS)

Os/as escolares participantes están facendo un traballo que ten ao Camiño de Santiago e a celebración do vindeiro Xacobeo 2021 como fonte de inspiración, reinterpretándoo dun xeito creativo e novedoso.

Disciplinas: ARTES PLÁSTICAS ou deseños que empreguen as NOVAS TECNOLOXÍAS (DIXITAL E MULTIMEDIA).

OBXECTIVO

Esta actividade procura fomentar o talento entre as novas xeracións.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

Cada Centro elexirá UN MÁXIMO DE TRES TRABALLOS OU OBRAS que os represente.

Todos eles van ser EXPOSTOS DURANTE UNS MESES nun espazo que, preferentemente, teña un significado especial para o Camiño.

XURADO E PREMIOS

A Xunta Directiva da FANPA e un grupo de cinco expertos, farán a labor de xurado, determinando as obras ganadoras (Primeiro, Segundo e Tercer Premio) que recibirán un Diploma e un Premio Simbólico.