O PROGRAMA É UNHA ACCIÓN EDUCATIVA E SIMBÓLICA QUE TENDERÁ PONTES ENTRE OS 11 CONCELLOS DA COMARCA DE FERROLTERRA NO CONTORNO DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E NENAS. UN PROGRAMA ESCOLAR DE SENSIBILIZACIÓN, PREVENCIÓN E IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Entre os/as máis xóvenes, a violencia de xénero é repudiada amplamente aínda que lles costa recoñecer certos indicadores e existe un alarmante nivel de tolerancia e aceptación sobre algúns tipos de maltrato, como son o control e o acoso.

Evitar a violencia machista pasa por facilitarlles toda a información, indicarlles que é a violencia de xénero, que facer se son víctimas ou testigos desta situación e mostrarlles modelos de amor sen mitos sexistas e nunha posición de igualdade.

Os expertos aseguran que A EDUCACIÓN É A VACINA PARA ACABAR CO MALTRATO.

A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller emitida pola Asamblea Xeral da ONU en 1993, define a violencia contra a muller como “todo acto de violencia que teña o poda ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou sicolóxico para a muller, así como as ameazas destes actos, a coacción ou privación arbitraria da libertade, tanto na vida pública como na vida privada.”

Desde 1981, o 25 de novembro é unha data de protesta e conmemoración contra a violencia de xénero.

O propio nome da Federación “CONCEPCIÓN ARENAL”, reflicte o seu firme compromiso coa IGUALDADE.

Pola súa reivindicación da igualdade, Concepción Arenal é considerada unha das primeiras escritoras feministas da historia de España.

GRAZAS Á DEPUTACIÓN DA CORUÑA E Á SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA, O PROGRAMA TERÁ OS SEGUINTES CONTIDOS:

  • I Encontro Escolar de Ferrolterra “pola eliminación da violencia de xénero”, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA.

  • Ias. Xornadas Escolares de Ferrolterra “pola eliminación da violencia de xénero”, FINANCIADO POLA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE.

PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS ESCOLARES, ENTRE 3 E 16 ANOS, DOS CENTROS PÚBLICOS E CONCERTADOS DA COMARCA DE FERROLTERRA.