O peirao de Curuxeiras de Ferrol acolleu desde primeira hora de hoxe aos peregrinos máis esperados.

Varios centenares de escolares, todos eles do Colexio Isaac Peral de Ferrol, foron os encargados de inaugurar a I Peregrinación Escolar do Camiño Inglés e o Xacobeo 2021.

Os máis pequenos percorreron a primeira milla, ata a Capela das Angustias, outros chegaron ata a Capela de Caranza, mentres que os maiores percorreron os 10 quilómetros que separan o Porto de Ferrol e o Mosterio de San Martiño de Xuvia, O Couto, Narón.

Tras a experiencia, os que o desexen escribirán o seu propio “Diario do Peregrino”. Cada Centro elexirá un Diario. Todos os selecionados será leídos nun Maratón de Lectura. Os tres mellores percibirán un premio que será entregado por expertos escritores, xornalistas ou blogueiros do Camiño de Santiago.

Unha maravillosa experiencia. Ultreia! Bo Camiño!